Unha tormenta provoca danos en Santa Cristina de Vea

Unha tormenta provoca danos en Santa Cristina de Vea

Unha tormenta eléctrica que se produciu ás 7.30 horas deste venres provocou danos en vivendas e empresas de Santa Cristina de Vea. Segundo informa Radio Estrada, consistirían en aparellos que estaban conectados á corrente e estragáronse, así como fallas eléctricas.

Por outra banda, nos últimos días tivo que retirar 12 árbores, así como atender un cable en Paradela e un desprendemento en San Pedro de Ancorados.

O Ulla marcou o seu máximo ás 23.00 horas do xoves, chegando aos 6,38 metros de altura, anegando o Areal de Berres.

Imaxe de portada: o Ulla ao seu paso por Pontevea, este venres // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario