Todo dependerá do que aconteza nas negociacións previstas para o luns
O sector do transporte de viaxieros por estrada da provincia da Coruña retomará os paros o mércores, de xeito indefinido, a non ser que non se chegue a acordo na reunión prevista para este luns entre patronal e sindicatos.
No caso de que se retome a folga veríanse afectadas as liñas de bus entre A Estrada e Santiago, tal e como aconteceu nos meses de decembro e xaneiro. Non ocorrería o mesmo coa liña Pontecesures – A Estrada por prestar servizo escolar.
Isto acontece despois de que o mércores os traballadores mostraran o seu rexeitamento ao acordo alcanzado por UXT e CCOO coa patronal, e do que quedou fóra a CIG.
Imaxe de portada: buses na estación da Estrada // Xornal da Estrada

Deixar un comentario