Un ferido en Cuntis tras bater contra unha árbore e un farol

Un ferido en Cuntis tras bater contra unha árbore e un farol

Sufriu unha indisposición cando circulaba pola N-640 ao seu paso pola Ran

Unha persoa resultou ferida tras ter un accidente nun tramo recto da N-640 ao seu paso polo lugar da Ran (Cuntis). Despois de sufir unha indisposición, bateu contra unha árbore e un farol.

O condutor foi trasladado polo 061. Ademais, tamén se desprazaron ata o lugar medios de Emerxencias de Cuntis e da Garda Civil de Tráfico, así como operarios do Concello de Cuntis, que se encargaron de retirar o farol danado.

Imaxe de portada: vehículo sinistrado // cedida

Comentarios

Deixar un comentario