Este luns Guimarei celebrará o seu tradicional e festeiro Entroido. Como aperitivo, ás 13.00 horas oficiarase unha misa na honra de Santa Apolonia e, a posteriori, terá lugar unha sesión vermú amenizada polos Pereiriños. Xa á noite, ás 22.00 horas comezará o baile de disfraces, que contará coa música do DJ Marcos Kintana, Olympus e Origen.
O campo estará cuberto con carpa e haberá servizo de bus durante toda a noite dende as 21.30 horas cubrindo o percorrido Praza do Concello – Guimarei, ademais de aparcadoiro gratuíto na zona do campo.

Deixar un comentario