O Concello vén de comunicar que se apraza o desfile de disfraces previsto para este luns por mor das condicións meteorolóxicas previstas para este luns. A nova data elixida é o domingo 1 de marzo. Polo momento manteñen o desfile das parroquias, previsto para este martes.
Aviso amarelo por chuvia
A AEMET activou un aviso amarelo por acumulados de 60mm en 12 horas. Terá vixencia dende as 21.00 horas deste domingo ata o mediodía do luns. Segundo as súas previsións, na tarde deste luns, momento para o que estaba previsto o desfile, produciranse chuvias lixeiras.
Niveis de aviso
- Verde: Sen risco meteorolóxico
- Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
- Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
- Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.
Imaxe de portada: desfile do luns de Entroido // Concello da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario