A N-525, ao seu paso por Loimil, rexistrou esta madrugada un accidente entre dous turismos, quedando unha persoa atrapada nun deles. O 112 recibiu aviso minutos antes das 3.00 horas, cando un particular explicou esta situación.
Ata o punto desprazáronse efectivos do 061, Bombeiros de Silleda, Emerxencias A Estrada, Protección Civil da Estrada, Garda Civil de Tráfico e mantemento de estradas. Xa no punto, excarceraron á persoa atrapada, que foi atendida polos servizos sanitarios desprazados ata o punto en ambulancia.
Imaxe de portada: sede do 112 // 112

Deixar un comentario