Unha persoa resultou ferida grave nun sinistro ocorrido na N-640 ao seu paso pola Anllada (Cuntis) pasadas as 20.00 horas. Un coche e un tractor bateron, saíndo o turismo despedido contra a beirarrúa pola que circulaba unha muller, que resultou ferida de gravidade ao ser atropelada.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Emerxencias de Cuntis, Garda Civil de Tráfico, dúas ambulancias do 061, conservación de estradas e a Agrupación de Voluntarios de Paramá.

Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Concello de Cuntis

Deixar un comentario