Imaxine ser unha rapaza de 15 anos, con problemas coas drogas e que acaba de ser expulsada dun centro de menores e que se reencontra coa súa nai nun momento no que a sociedade xa as excluíu. Esta será a historia que acollerá o Teatro Principal o 7 de marzo ás 20.00 horas.
Alicia wants to é unha historia que mestura exclusión, violencia institucional e resistencia que conta cun engadido que a fai especial: constitúese como unha partida de xadrez na que o público decide cal é o seguinte movemento. Deste xeito, cada función é diferente e cada final, tamén.
As entradas pódense adquirir no departamento de Cultura do Concello.

Estradenses na obra
Alicia wants to conta con dobre protagonismo estradense. Tanto a súa directora que, á súa vez, é a coxestora da compañía B E N G A L A Teatro Físico, An González, e o técnico de iluminación, Jorge Castro, son da Estrada.
Asemade, dende este luns ata o mércores están facendo unha residencia artística preestrea no Teatro Principal. Do mesmo xeito, dende este martes contarán cun escaparate decorado para a ocasión en pleno centro.
Ficha técnica
Idioma: galego
Idade: a partir de 12 anos
Duración: 60 minutos
Dirección e dramaturxia: An González
Elenco: Andrea Maseda, Estela del Río, Estrella Tomé, Alexia Villar
Iluminación: Jorge Castro
Vestiario: Elisa López e Fixenöeu
Escenografía: Borja C. Pernas, Ero Vázquez
Audiovisuais: Andrea Maseda
Fotografía: Laura Pose
Imaxe de portada: Equipo de Alicia wants to // B E N G A L A Teatro Físico
Deixar un comentario