Instalan marquesiñas na parada do Concello

Instalan marquesiñas na parada do Concello

Operarios municipais colocaron este mércores marquesiñas a carón do Concello, na Avenida Benito Vigo. Estas instalacións, xunto a outras programadas na Carballeira da Sagrada (Codeseda) son unha continuación das xa realizadas en decembro na zona dos tres institutos públicos estradenses.

No caso da parada á beira do Concello, este curso incrementou considerablemente o número de usuarios, posto que a parada da Farola desprazouse ata alí por mor das obras de peonalización.

Imaxe de portada: instalación das marquesiñas // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario