Xoán Reices · BNG
Outra vez a merda da guerra. Outra vez o PP defendendoa, meténdonos onde non nos chaman por comerlle o cu aos EEUU. Reminiscencias de Irak, de Siria, de Korea, de Vietnam. Outros centos de miles de inocentes asasinados. Outra vez que os USA se pasa por onde non canta o vento o dereito internacional, a democracia, a solidariedade, a empatía (non é de agora, insisto, non é Trump).
E outra vez os medios de comunicación dando vergoña, noxo; desta volta unidos ás ratas a soldo que crean contido nas redes sociais para manipular á xente. Resulta que un Ayatollah a miles de km de distancia é máis perigoso que uns EEUU e unha UE que non son máis que imperios coloniais. Xa nin o ocultan. Vémolo con Francia no Sahel e cos americanos no resto do “seu” continente.
Unha vez máis, estamos no lado incorrecto da historia. Unha vez máis, teremos que pagar a factura moral e económica de ter uns gobernantes psicópatas. Neste caso seguen a un recoñecido PEDERASTA, VIOLADOR, CORRUPTO, XENOCIDA e ESTAFADOR como un interlocutor válido. Que interlocutor? Como un REI. Aí é onde están PP e Vox, e onde está o PSOE do estado, anque polo menos estes últimos disimulan de vez en cando.
Ademais, vexo outra vez un grande sector da poboación apoiando esta guerra, por culpa dunha teórica invasión de inmigrantes PROVOCADA POR ESTE TIPO DE GUERRAS. É vergoñento ver como alguén pode dicir que o maior perigo que afrontamos son os inmigrantes, mentres unha muller migrante (pura estatística) lle limpa o cu a seus pais. Sinceramente, penso que non podemos permitir que os nosos representantes lle dean cobertura a unha xente que pide que se bombardeen inocentes. Sinceramente, non entendo como non nos damos conta de que os EEUU literalmente téñennos como súbditos, e que literalmente invadiron o noso país coas súas bases.
Cando nos toque a nós, queixarémonos e botarémoslle toda a culpa a calquera matao. E mentres tanto, os culpables, seguirán nas súas mansións, ríndose de nós mentres violan ou comen nenos. LITERALMENTE. Bom, Trump non. Trump, se dios quere, morrerá pronto.
OTAN NON. BASES FÓRA.
GUERRA NON!



Deixar un comentario