A Plataforma Galiza pola Paz convocou para o vindeiro luns 16 ás 20.00 horas unha concentración na Praza do Mercado contra a “guerra imperialista” dos Estados Unidos e Israel. Este acto terá lugar despois de que se fagan dúas semanas do ataque destes dous países a Irán sen respaldo do dereito internacional e que xa provocou máis de 1.900 mortes.
Entre as vítimas, ademais do ayatolá Alí Jameneí, atópanse 175 alumnas e mestras que se atopaban nunha escola, ademais de moitos outros civís. Esta guerra rexional derivou en ataques iranís a países da OTAN, no bloqueo do Estreito de Ormuz e no incremento do prezo cos carburantes, pero tamén o aproveitou Israel para lanzar unha ofensiva contra o Líbano para, supostamente, rematar con Hezbolá.
Imaxe de portada: // Xerada por IA

Deixar un comentario