Movete propón que A Estrada aprobe unha declaración conxunta en contra da guerra.

Movete propón que A Estrada aprobe unha declaración conxunta en contra da guerra.

Mar Blanco Casais · MÓVETE

É importante enviar desde a Estrada unha mensaxe simbólica de paz, mostrando que a sociedade local está unida contra a guerra.

É fundamental que os representantes políticos no ámbito local adopten una postura clara e firme en contra da guerra, non só como unha cuestión ética, se non tamén como unha responsabilidade democrática fronte á veciñanza.

Mais que nunca cobra importancia que dende o ámbito local haxa unanimidade á hora de apoiar activamente a paz, a defensa da vida, os dereitos humanos e a resolución pacífica dos conflictos.

Así mesmo compre recoñecer que detrás das guerras existen intereses económicos moi poderosos e os partidos políticos en todos os ámbitos teñen a responsabilidade de denunciar e cuestionar estos intereses. Recoñecer e cuestionar os intereses económicos que se esconden detrás dos conflictos armados permite comprender mellor as súas causas e traballar para evitalos.

Decir non á guerra é defender os valores que sosteñen a unha sociedade xusta, humana e solidaria, é protexer a dignidade humana. A mensaxe debe ser clara os conflictos deben resolverse desde o entendemento, a negociación e a cooperación, nunca mediante a destrucción.

Esta postura ten unha dimensión educativa importante á hora de promover a cultura da paz. Os mais novos aprenden observando o comportamento dos adultos. Se acadamos trasladar unha menxaxe a favor de defender a paz, rexeitar a violencia e apostar polo diálogo, comprenderán que esas son as ferramentas para enfrentar os problemas.

Promover a nivel local a mensaxe unánime de “non á guerra” é un acto de responsabilidade, que significa coidar os valores que fan posible a convivencia e comprometerse cun mundo onde as diferenzas non se resolven cas armas, se non co diálogo e cooperación. A paz é unha de decisión diaria que cada sociedade debe defender e transmitir á novas xeracións.

Queres ler máis artigos coma este?
Visita o espazo web de Politicando!

Comentarios

Deixar un comentario