A perigosidade reduciuse respecto ao periodo 2019-2023, segundo o informe de Automovilistas Europeos Asociados
Un estudio da Automovilistas Europeos Asociados (AEA) establece que a N-640 ao seu paso polo casco urbano da Estrada é o quinto tramo de estrada nacional de Galicia e o 115º de España. Exactamente colócano no quilómetro 204, que comprende dende o centro de saúde ata a intersección coa Avenida de Santiago. Ademais, respecto ao informe anterior, redúcese o Índice de Perigosidade Medio (IPM).
Este informe foi elaborado cos datos do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana do quinquenio comprendido entre 2020 e 2024. Nese periodo de tempo producíronse, tal e como indica o informe, 11 accidentes con vítimas – entendendo a estas como persoas feridas ou falecidas – nos que se rexistraron 12 vítimas.
Para calcular o Índice de Perigosidade Medio (IPM) tívose en conta, amais dos datos anteriores, a cantidade de vehículos que circulan por ese quilómetro a diario, cifrado en 5.158.
Sen embargo, o IPM redúcese respecto ao informe anterior, no que se analizaba a perigosidade entre 2019 e 2023, pasando dos 166,1 aos 135,3 do último informe. Isto débese a que entre 2019 e 2023 foi cando máis accidentes con vítimas se produciron (13 sinistros e 14 vítimas) e este informe elabórase establecendo unha relación entre tráfico diario, número de accidentes con feridos e falecidos e número de vítimas.
Imaxe de portada: N-640 ao seu paso pola Estrada // Xornal da Estrada

Deixar un comentario