A comisión do San Paio sortea un escaparate valorado en 15.000 euros

A comisión do San Paio sortea un escaparate valorado en 15.000 euros

A comisión de festas do San Paio inaugurou este mércores o Gran Escaparate Estrela, unha iniciativa coa que buscan recaudar fondos para as festas e, á vez, darlle a oportunidade á xente de gañar diferentes produtos. Sito na Rúa Justo Martínez, contará cos diferentes premios que se sortearán ao remate dos festexos e que, en total, están valorados en 15.000 euros.

Todos os produtos foron adquiridos pola comisión nos establecementos da ACOE. Entre eles destacan un oso de peluche de 2,5 metros, unha moto de 124CV, unha bicicleta, un televisor de 75” ou un frigorífico de modelo americano.

A moto que se sortea // Cedida

Entre os premios haberá tamén un vale de 1.000 euros para unha viaxe en Simply Travel; un vale de 500 euros en carburante en SBC; 300 euros para un seguro en Helvetia, un palé de cervexa Estrella Galicia, unha Play Station 5 e un iPhone 17.

As rifas vanse vender a través dos integrantes da comisión, da ACOE e dos establecementos colaboradores. Custarán cinco euros e terán dous números.

O sorteo, que se celebrará o 28 de xuño, coincidindo co remate dos festexos, non requerirá estar presente, posto que os números gañadores serán anunciados a través das redes da comisión, do escaparate e dos medios de comunicación.

Gran Comisión

O seguinte evento terá lugar o 18 de abril, cando o Pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá o Gran Comisión, o Grand Prix destas festas.

Imaxe de portada: parte do escaparate // cedida

Comentarios

Deixar un comentario