A Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), en colaboración co Concello da Estrada, fará unha xornada de portas abertas no Centro de Día o vindeiro mércores 25. Terá lugar de 10.30 a 12.30 e de 16.00 a 18.30 horas no primeiro andar do Novo Mercado e servirá para coñecer o seu funcionamento.
Os asistentes, ademais, poderán ser partícipes dalgunha das actividades terapéuticas e dinámicas grupais, centradas na estimulación cognitiva, física e social, que se van realizar. Na quenda de mañá tamén estarán presentes a concelleira de Servizos Sociais da Estrada, Amalia Goldar, e da presidenta de AGADEA, Isabel Gey.
Imaxe de portada: Centro de Día da Estrada // AGADEA

Deixar un comentario