Este martes a consellería de Medio Rural decretou a suspensión das queimas de restos agrícolas e forestais feitas por particulares ata novo aviso por mor da evolución meteorolóxica e doutros factores técnicos en relación ao risco dos lumes. Nesta prohibición inclúense as queimas xa autorizadas.
Quedan excluídas as que realiza o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), posto que están debidamente planificadas e contan cos medios de extinción necesarios.
Cómpre sinalar que nas últimas xornadas xa se produciron pequenos incendios forestais, como o que este luns arrasou 1,7 hectáreas no concello de Cuntis, moi preto da fronteira co da Estrada.
085
Teléfono para avisar de incendios forestais
Imaxe de portada: queima de herba seca // imaxe de stock

Deixar un comentario