A Farola reabrirá ao tráfico este venres

A Farola reabrirá ao tráfico este venres

Os coches volverán circular pola Farola dende as 14.00 horas do vindeiro venres, segundo anunciou este mércores o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao. Deste xeito, recuperarase a circulación na totalidade das rúas 56 e San Paio, que tamén permanecen pechadas, e cúmprese o prazo dado polo Concello.

Co restablecemento da totalidade do tráfico, ponse fin a semanas nas que estas obras dificultaron a circulación polo centro da vila. “A obra vai dando pasos axigantados e eu quero agradecer á empresa [Taboada y Ramos] que durante o tempo de tantas chuvias avanzou sen parar en ningún momento”, recoñeceu Louzao, antes de engadir: “e quero agradecer tamén a todo o comercio e hostalería local que, nese entorno da Praza de Galicia estiveron prexudicados puntualmente, porque as obras hai que facelas e os cortes de tráfico foron inevitables”.

Os seguintes pasos na obra son o empedrado da totalidade da zona peonil, o axardinamento e a colocación da fonte e da iluminación, incluíndose a colocación da Farola na súa ubicación definitiva. “Afrontaremos así o último mes e medio de obras, que van levarnos ata mediados do mes de maio”, concluíu.

Imaxe de portada: entronque das rúas 56 e San Paio coa Farola xa formigonado // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario