O Centro de Día celebrou os seus 7 anos cunha xornada de portas abertas

O Centro de Día celebrou os seus 7 anos cunha xornada de portas abertas

Con motivo do 7º aniversario do Centro de Día da Estrada, AGADEA organizou unha xornada de portas abertas co se permitiu á veciñanza achegarse ao funcionamento deste espazo. Nesta xornada tamén estiveron presentes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.

Durante a visita das autoridades, acompañadas pola presidenta de AGADEA, Isabel Gey, coñeceron  de primeira man o traballo que realiza o equipo profesional, así como as dinámicas e actividades que se desenvolven coas persoas usuarias.

Os asistentes a esta xornada puideron percorrer as instalacións e participar en diferentes actividades terapéuticas, entre elas, a demostración de realidade virtual aplicada á estimulación cognitiva, unha ferramenta innovadora que tería xerado gran interese, segundo informan dende AGADEA.

Imaxe de portada: visita institucional ao Centro de Día // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario