O sol será o protagonista da Semana Santa, ademais do vento e de temperaturas máximas que non baixarán dos 15 graos, segundo as previsións actuais.
As previsións da AEMET reflicten ese panorama ata o Xoves Santo, que é ata cando ofrecen previsións. Ademais, entre Martes Santo e o Xoves Santo as máximas poderían chegar a superar os 20 graos.
Segundo as previsións de eltiempo.es e Meteored, só un día podería chover algo. Ese día é o Venres Santo, no que as precipitacións poderíanse rexistrar, especialmente pola mañá. Aínda así, os prognósticos son menos fiables conforme máis longo é o prazo, polo que hai que collelos con pinzas.
Entre Domingo de Ramos e o Martes Santo, segundo a AEMET, os refachos de vento poden ser fortes.
Imaxe de portada: día despexado na Alameda // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario