Con motivo do inicio dunha semana de vacacións, Xornal da Estrada lanza este domingo unha portada especial dende a que se poderá ler e visualizar algúns dos mellores contidos propios publicados nos últimos meses.
A axenda para os vindeiros días, entrevistas e formatos coma Reportaxe, A Estrada a Debate e En detalle teñen o seu oco nesta primeira páxina especial. Grazas a ela, os estradenses poderán volver a ver ou, se non puideron facelo antes, ver por primeira vez os contidos especiais que produce este medio, tendo os contidos dispoñibles ata que se retome a actividade á volta da Semana Santa.
Ademais, parte dos contidos tamén serán compartidos a través de redes sociais.

Deixa unha resposta