“Próximamente” será obrigatorio o seu uso, segundo Durán
Dende o mes de decembro ata a actualidade entregáronse 150 tarxetas para abrir os contedores marróns, 41 delas a establecementos comerciais e hostaleiros. Deste xeito avánzase na implantación dun contedor que, “próximamente”, pasará a ser obrigatorio para todos, segundo informou Óscar Durán, quen tamén animou á participación do resto da cidadanía.
Comentou que só quedan 7 sesións formativas, que se celebrarán os mércores nas inmediacións da Sala Abanca. De igual xeito, proseguirán as visitas vespertinas aos establecementos hostaleiros.
Primeiramente instaláronse os contedores en 10 puntos da vila, aos que xa se lle sumaron emprazamentos nas rúas 56 e San Paio e, próximamente, incorporaranse tres puntos máis na Avenida de Santiago. En función das zonas na que se vaian producindo novas altas iranse colocando os novos puntos.
En canto aos residuos que deben ir no colector marrón, cómpre lembrar que se reserva para os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas… É dicir, calquera resto orgánico.
Pola contra, o que nunca debe depositarse neste colector son os envases, cueiros, compresas, bastóns de algodón para a hixiene dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.

Imaxe de portada: haima informativa sobre os contedores marróns // Concello da Estrada

Deixa unha resposta