La Estación estrea un novo espazo gaming

O Centro Xuvenil La Estación conta cun novo espazo gaming no que poder xogar a videoxogos. Patrocinado por Gaming Troop, conta con ordenadores con múltiples videoxogos, consolas, simuladores de condución e experiencias de Realidade Virtual, entre outros. Estará aberto de mércores a domingo, estreándose este mércores 8.

Todos os donativos que se fagan polo uso deste espazo van contribuír a manter e mellorar as actividades diarias da Estación.

Situación económica

Esta novidade chega despois de que dende La Estación tivesen que replantexar o proxecto ante a falta de fondos públicos. No exercicio de 2025 o Concello aportou 6.000 euros fronte aos 34.000 conseguidos pola propia xuventude, algo que dende o propio colectivo non o ven positivo dada a súa aportación aos máis novos do municipio.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo