París de Noia, Panorama e Olympus cítanse esta fin de semana en Nigoi

París de Noia, Panorama e Olympus cítanse esta fin de semana en Nigoi

Tras seren suspendidas polo mal tempo, esta fin de semana Nigoi celebra as festas da Candelaria e San Brais. Comezarán este venres 10 e extenderanse ata o domingo e contarán coas actuacións de tres das mellores orquestras de Galicia.

O venres terá lugar unha verbena coa orquestra París de Noia e a discoteca Pirámide XL, que contará co DJ Marcos Kintana.

O sábado ás 13.00 horas oficiarase unha misa solemne. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da charanga Charandonga. Á noite, Olympus e Panorama amenizarán a verbena. Amais, haberá polbeira.

O domingo 12 ás 13.00 horas oficiarase unha misa solemne. A sesión vermú correrá a cargo da Banda Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo