Os veciños e veciñas de Ribela están convocados este domingo ás 12.30h na escola de Carracedo para crear unha asociación de veciños. Esta asociación servirá para intentar solucionar os problemas da parroquia, especialmente o da cobertura que, como xa comentou este medio, leva varios meses con dificultades maiores ás que xa existían.

Deixar un comentario