Valenciaga Catering, Celso Sanmartín e Cántigas e Frores, premiadas cos Premios San Martiño

Valenciaga Catering, Celso Sanmartín e Cántigas e Frores, premiadas cos Premios San Martiño

O xurado dos XXXIV Premios San Martiño de Normalización Lingüística acordou por unanimidade outorgarlle o premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós – Terra de Montes a Valenciaga Catering grazas a que o seu éxito empresarial estáse producindo cunha web, redes sociais e campañas en galego. O premio á normalización no ámbito galego recaeu en Celso Sanmartín, un dos mellores narradores orais do país e, o premio á normalización a toda unha vida, na Asociación Cultural Cántigas e Frores porque leva 75 anos promovendo actividades culturais, entre os que destaca o Festival de música e baile tradicionais de San Froilán.

Comentarios

Deixar un comentario