Charla no MOME sobre os efectos de Altri no Ulla

Charla no MOME sobre os efectos de Altri no Ulla

Este mércores o MOME acollerá ás 20.00h a charla Queremos un Ulla vivo! Como nos afectaría a instalación da macrocelulosa de Altri-Greenfiber? Organizada polo colectivo A Ulla Viva, estará presentada polo artista local Pablo Carracedo ‘Jásper’ e contará coa participación de Edelmiro López Iglesias, profesor de Economía Aplicada da USC e coautor dun dos informes do Consello da Cultura, e de Marta Gontá, presidenta da Plataforma Ulloa Viva.

Gontá falará das “Perspectivas da loita contra Altri: pasado, presente e futuro”, da campaña “A Xunta non poderá calar a todo un país. Altri non” e da manifestación que terá lugar o 15 de decembro en Santiago de Compostela.


Imaxe de portada: Proxecto de Altri // Greenfiber

Comentarios

Deixar un comentario