A Somoza é a parroquia con máis casas construídas nunha zona anegable

A Somoza é a parroquia con máis casas construídas nunha zona anegable

Desde que se produciu a tráxica DINA de Valencia as miradas puxéronse nas zonas anegables. No concello da Estrada existen tres, segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico: unha na Somoza, outra en Couso e unha última en Arnois e San Miguel de Castro.

No caso da Somoza poderíanse ver afectadas varias vivendas nas proximidades da Igrexa. Pola contra, na beira do Ulla, río que podería ser o causante de anegamentos en Couso, Arnois e San Miguel de Castro, hai menos edificacións construídas nunha zona anegable. De feito, sería a marxe coruñesa a que se vería moito máis afectada. Pode consultar o mapa na seguinte ligazón:


Imaxe de portada: Mapa de zonas anegables // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario