Catro atletas do Atletismo A Estrada baten a súa marca persoal en Vigo

Catro atletas do Atletismo A Estrada baten a súa marca persoal en Vigo

O Atletismo A Estrada comezou a probar as súas bazas para a tempada 2025 nas categorías nas que competirán. Dos seis que competiron esta fin de semana en Vigo, catro conseguiron bater as súas respectivas marcas persoais.

Como sub16 fixérono Brais Rey nos 1000 metros lisos cun crono de 2:59.56, rebaixando en 10 segundos o seu rexistro anterior, e Catuxa Temes, que rematou a mesma proba en 3:47.83, mellorando en 14 segundos a súa mellor marca. Nos 200 metros lisos sub18, Pedro Coutinho deixou a súa marca persoal nos 25.53 segundos e, nos 60 metros lisos sub23, Eva Gil fixo o propio cun crono de 8.47 segundos.

Tamén competiron Carla Pintor (300ml) e Noa Rey (60ml) e dobraron Brais Rey (300ml), Pedro Coutinho e Catuxa Temes (60ml).

Comentarios

Deixar un comentario