A AEMET activa tres avisos para este domingo

A AEMET activa tres avisos para este domingo

ACTUALIZACIÓN

O paso dunha fronte por Galicia deixará fortes chuvias e refachos de vento. Por iso, a AEMET activou tres avisos amarelos para a xornada de mañá na comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Ás 00.00h activaráse o aviso por vento, por refachos de ata 80km/h. Desactivaráse ás 20.00h.

Desde as 16.00h e ata a medianoite estará activo o aviso por chuvia en 12 horas, con acumulados de 40mm nun periodo de tempo inferior ás 12 horas. Pola tarde as chuvias serán máis intensas, por iso, desde as 18.00h e ata o remate da xornada tamén estará activo un aviso por chuvia nunha hora, podendo acumularse ata 20mm nese intervalo.

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

Deixar un comentario