As previsións cumplíronse: os fortes refachos de vento e as precipitacións intensas que se agardaban producíronse. A estación de MeteoGalicia no Monte Xesteiras rexistrou un refacho máximo de 126km/h e, a estación da AEMET na Estrada, ata 17mm nunha hora.
Como consecuencia diso, ata as 17.00h deste domingo o 112 xa rexistrara 13 incidencias, á espera da chegada do peor do temporal. As caídas de árbores, que afectaron ao tráfico chegando a cortar a circulación da PO-841, e as chapas soltas, entre elas unha no edificio multiusos do Concello da Estrada, foron a tendencia nas primeiras horas. Ademais, debido ás fortes chuvias, producíronse as habituais balsas de auga.

En San Andrés de Vea, A Agrupación de Voluntarios de Paramá retirou un pino que caera sobre a liña de alta tensión.

Deixar un comentario