Dous institutos da Estrada participarán nun concurso radiofónico a nivel nacional

Dous institutos da Estrada participarán nun concurso radiofónico a nivel nacional

A Sede do Consello da Cultura acolleu o martes e o mércores un encontro con 240 emisoras de radio de toda España, entre as que se atopaba Radio Estrada.

Este encontro foi o punto de partida da terceira edición do proxecto Onda ODS, no que tamén participará a emisora estradense. Pablo García ‘Chichas’, Vicepresidente da Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) e locutor da radio local da Estrada, asegurou que buscarán “dinamizar e poñer en valor a interesantes actividades que se desenvolven na nosa comarca”.

Para conseguilo contarán cun concurso radiofónico no que participarán 16 centros educativos de España, dous deles da Estrada. Nel os participantes reflexionarán sobre o cambio climático na súa comunidade.

Ademais, en 16 localidades de ámbito rural organizaránse coloquios rediofónicos destinados a comunicadores e xornalistas, nos que se tratarán temas como a pobreza, a igualdade de xénero e o cambio climático.

Tamén se vai realizar unha campaña radiofónica e audiovisual en 11 comunidades autónomas para dar visibilidade a políticas públicas, proxectos cidadáns e iniciativas privadas que contribúen ao cumprimento dos ODS, destacando especialmente os esforzos realizados desde o ámbito local e rural.


Imaxe de portada: Reunión de emisoras locais // cedida

Comentarios

Deixar un comentario