Unha saída de vía obrigou a pechar temporalmente ao tráfico a PO-214

Unha saída de vía obrigou a pechar temporalmente ao tráfico a PO-214

A PO-214 (Estrada Pontecesures – Baloira) foi escenario dunha saída de vía na tarde deste martes. Ocorreu no quilómetro 12 da vía, na parroquia de San Xurxo de Vea, e foi necesario pechala temporalmente ao tráfico, quedando restablecido ás 19.30h. Só se produciron danos materiais.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.


Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario