A Estrada vai acender este xoves ás 19.45h o seu alumeado de Nadal. Será un acendido especial, pois vai ser Álex, un rapaz de 9 anos, quen pulse o botón que dará inicio a varias semanas repletas de actos. Ademais, estará acompañado por estudantes dos diferentes colexios do concello.
Tras isto, haberá un espectáculo de circo a cargo de Alfredo Pérez Muíño.
Acendido en San Miguel de Castro
O domingo será o turno de San Miguel de Castro. Desde as 17.00h haberá no campo da festa (Lugar do Seixo) xogos populares. Ás 19.00h acenderáse o alumeado e, despois, haberá unha chocolatada gratuíta.
Imaxe de portada: Alumeado na Farola no pasado Nadal // Arquivo / O Xornal da Estrada


Deixar un comentario