O Concello porá en marchar un novo Campamento Dixital

O Concello porá en marchar un novo Campamento Dixital

A concellería de Xuventude, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, porá en marcha unha nova edición do Campamento Dixital, co que os rapaces e rapazas estradenses de entre 9 e 17 anos poderán formarse en competencias dixitais.

Serán 30 horas formación gratuíta que comezarán o 27 de xaneiro e rematarán en abril. Cada semana haberá dúas sesións. Os participantes estarán divididos en dous grupos: un para os que teñen entre 9 e 13 anos e outro para os comprendidos entre os 14 e os 17 anos.

Esta nova edición ponse en marcha tras o éxito da anterior, na que houbo 15 participantes.

Comentarios

Deixar un comentario