O Concello de Forcarei convocou un curso de defensa persoal para mulleres maiores de 16 anos para ensinarlles técnicas para poder actuar ante calquera ameaza. Será o sábado 18 de xaneiro en horario de 9.30 a 13.30h e de 15.00 a 19.00h no centro social de Forcarei.
Verónica Pichel, alcaldesa do concello, animou ás mulleres a participar: “resulta moi interesan aprender a reaccionar ante situacións de perigo e este curso pode axudar a que as mulleres se sintan máis seguras e empoderadas”.
Poderáno facer chamando ao 986 75 51 49 ou enviando un correo a servizos.sociais@forcarei.gal co asunto “Curso Defensa Persoal”. Será necesario un mínimo de 7 mulleres para que se celebre.


Deixar un comentario