O departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual do IES Avelina Valladares realizou durante os cursos 2010-11 e 2017-18 un traballo de recolección de imaxes para elaborar un arquivo fotográfico dixital sobre o pasado da Estrada.
En total conseguiron reunir case 2000 imaxes. Nelas podemos observar vivendas, retratos, vodas, familias, nenos e as súas comunións, festas, o servizo militar ou a vila da Estrada, entre outras temáticas.
Pódese visualizar na web do centro.

Deixar un comentario