Entre as 9.00 e as 13.00h deste xoves está previsto que se corte a subministración de auga desde a rotonda da avenida de Santiago coa rúa da Cultura ata a Escola Infantil Municipal. Este corte débese a que este mércores rompeu unha tubaxe e os operarios municipais conseguiron reparala de forma provisional para que os veciños tiveran auga á hora do xantar, pero finalizarán o traballo nesta xornada do xoves. O corte pode afectar a outras zonas.

Deixar un comentario