O PSOE pídelle ao Ministerio de Transportes que execute melloras na N-640

O PSOE pídelle ao Ministerio de Transportes que execute melloras na N-640

O PSOE dirixiuse ao Ministerio de Transportes para solicitar melloras no firme da N-640 en todo o concello e de seguridade no casco urbano, en Liñares e no Sol.

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, lembrou que é unha solicitude que leva apoiando desde 2021 a través do Grupo Municipal. Entre as súas propostas atópanse medidas de calmado do tráfico en Liñares e unha nova incorporación no Sol.

Tamén se referiu aos informes trasladados pola Policía Local ás autoridades competentes: “Eses infornes técnicos poden ser fundamentais para que se executen as melloras que todos reclamamos”, asegurou.

Ve “inaceptable” que non se mellorara a visibilidade nos pasos de peóns e marcouse como obxectivo para o 2025 que se produzan melloras. Amais, asegurou que as autoridades do Goberno de España en Galicia queren “resolver esas demandas que levamos tempo trasladando”.

Tamén mostrou o seu descontento porque aínda non se fixo o informe ambiental do túnel de Preguecido, que contaba con fondos nos Presupostos de 2023.

O socialista tamén lle pediu á Xunta medidas para a PO-213 e a PO-841, viais que tamén requiren melloras e que non foron incluídos nos Orzamentos de 2025.


Imaxe de portada: N-640 ao seu paso pola Estrada

Comentarios

Deixar un comentario