Un terremoto con epicentro en Barro deixouse sentir na Estrada e en Forcarei

Un terremoto con epicentro en Barro deixouse sentir na Estrada e en Forcarei

Á 1.24h da madrugada deste domingo produciuse un terremoto de magnitude 3,1 no concello de Barro. Tal e como recolle o IGN na súa web, nos concellos da Estrada e Forcarei deixouse sentir con intensidade II-III.

Aqueles que o sentiron percibiron un lixeiro temblor no mobiliario ou escoitaron durante varios segundos un ruido similar ao do paso dun camión.


Imaxe de portada: zonas nas que se sentiu o terremoto // IGN

Comentarios

Deixar un comentario