Este xoves arrancarán as obras de reforma da rúa Francisco Filgueira de Forcarei no treito comprendido entre o número 12 e a antiga discoteca Paraíso. Desde primeira hora da mañá estará prohibido circular por ela, desviándose o tráfico por Progreso. Só se permitirá o tránsito por ela para os servizos e garaxes, quedando habilitado un carril para iso.
Vanse mellorar as beirarrúas, substituíndo as actuais lousas por formigón estampado, similar ao da contorna do Parque Venezuela de Soutelo de Montes. A calzada elevaráse ata a altura da beirrarúa, empregando mestura bituminosa, excepto na contorna da Casa Grande dos Mariño, onde se aplicará un acabado de formigón lavado para adaptarse ás esixencias de Patrimonio.
Substituiranse as actuais luminarias por unhas de tecnoloxía LED e instalaránse bolardos ao longo da rúa, especialmente na marxe leste, onde non hai beirarrúas.
As obras foron adxudicadas a Covsa e custarán 164.208,98 euros.
Nun futuro prevése actuar nas dúas rotondas (as prazas de Francisco Filgueira e de Sorribas), na rúa do Gaiteiro de Sorribas e na rúa P. Ademais, tamén se solicitaron fondos á Deputación para facer melloras na rúa Dúas Igrexas.
Imaxe de portada: a alcaldesa de Forcarei fala con operarios de Covsa // Concello de Forcarei


Deixar un comentario