Radio Estrada participa nunha iniciativa que permitirá escoitar en galego podcasts doutras linguas

Radio Estrada participa nunha iniciativa que permitirá escoitar en galego podcasts doutras linguas

Escoitar podcasts alemáns ou franceses en galego. Esta é a iniciativa de investigación para utilizar co galego aplicacións informáticas potenciadas con Intelixencia Artificial na que está participando Emisoras Municipais Galegas.

En colaboración con AppWorks trabállase na traducción instantánea de podcasts en inglés, francés e alemán, entre outras linguas predominantes na rede, para que se poidan escoitar en galego, euskera ou gaélico irlandés.

A través da iniciativa De medios locais a medios glocais, realizada en colaboración coa Asociación de Emisoras Municipales de Andalucía, La Xarxa de Catalunya e a Red de Medios comunitarios, este 2025 porán en marcha un concurso de podcast para a Educación Secundaria sobre igualdade de xénero, cambio climático, pobreza e inmigración.


Imaxe de portada: representantes de Radio Arzúa, Radio Neria (Corcubión) Radio Fene, Radio Estrada e Radio Tui da Comisión Permanente de Emisoras Municipais Galegas // cedida

Comentarios

Deixar un comentario