Cando Radio Estrada entrevistou a Superpiñeiro

Cando Radio Estrada entrevistou a Superpiñeiro

Este 22 de xaneiro quedará marcado na historia das comunicacións como un dos días máis tristes. Este 22 de xaneiro coñeciamos que falecía Xosé Manuel Piñeiro.

Paradóxicamente, en 2019 comezaba unha entrevista en Radio Estrada falando do sorriso. Nesa entrevista no Salta da Cama de Pablo Chichas, relataba como foran os primeiros 10 meses de tratamento do cancro que lle detectaran. Nela tamén participaron Isi, Damián Cortés e David Amor.

Este allaricense saltou á fama co Supermartes da TVG, canle que foi a súa “parroquia”. Alí bautizárono como Superpiñeiro, alcume co que sería coñecido ata a actualidade.

Nos seus máis de 30 anos de carreira no audiovisual galego tamén presentou programas coma o Téquelexou, Acompáñenos ou Bamboleo e participou na Radio Galega e en varios xornais galegos. En 2020 recibiu a Medalla Castelao pola súa traxectoria.

Vivencias de estradenses

Non ter un recordo con Piñeiro é complicado. Na Banda da Loba lembraron como as tratou e como visibilizou a súa música.

Tampouco se poden esquecer os Téquelexou gravados na antiga Lennon, as aparicións de Isi nos seus programas ou como Marga Pazos apareceu nas televisións de todos os galegos antes de converterse en presentadora.

Comentarios

Deixar un comentario