Xoán Reices, voceiro do BNG, lamentou a situación na que se atopan os dous viais que dan acceso a Requián (Frades): “a situación dos dous viais é xa intransitábel; tanto o que vai desde Frades como o que vai desde Santa Mariña de Barcala están nunha situación lamentábel”, asegurou.
Comentou que xa o levaron a pleno en varias ocasións, polo que “o alcalde ten que deixarse de boas palabras e de enganar aos veciños e veciñas, xa que no seu día indicou que estes dous viais estaban entre as prioridades do goberno” e pediulle que poña sobre a mesa “unha data críbel para acometer esta obra tan necesaria”.
Engadiu que este caso “é un exemplo da situación de moitos viais municipais do noso concello, que só se acorda de renovar o firme nalgúns deles cando veñen as eleccións municipais”.
Imaxe de portada: Vial de acceso a Requián // BNG

Deixar un comentario