Olympus e Satélites porán a música na Candelaria de Nigoi

Olympus e Satélites porán a música na Candelaria de Nigoi

Esta fin de semana Nigoi celebrará as festas na hora da Virxe da Candelaria e de San Blas.

O sábado ás 13.15h oficiaráse unha misa cantada polo Coro de Arca, á que seguirá a sesión vermú a cargo da charanga Os Verbeneros e do grupo de baile Os Campiños. Desde as 22.30h, Olympus e Satélites animarán a verbena.

O domingo a misa celebraráse ás 13.00h e será cantada polo Coro de Arca. Tras ela, a sesión vermú correrá a cargo da Banda Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario