Será na Xunta Xeral
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande vai elixir unha nova directiva na Xunta Xeral que terá lugar o domingo 9 ás 18.00h no local social do Campo da Festa de Ouzande. Xabier Camba deixará de ser o presidente da asociación.
Ademais, tamén se dará conta da xestión, da previsión de ingresos e gastos e da programación anual. Ao rematar, os asistentes estarán convidados a unha merenda con chocolate con churros. Ademais, poderánse pagar os recibos da cota anual.
Dada a relevancia desta reunión debido ao cambio na presidencia e na xunta directiva, desde a asociación convidan aos socios e socias a asistir.
Imaxe de portada: participantes na Ruta das Letras da Fervenza de Ouzande // Arquivo / O Xornal da Estrada


Deixar un comentario