Hoxe é 7 de febreiro. Hai 149 anos Valentín Lamas Carbajal editaba o primeiro xornal íntegramente en galego: O Tío Marcos d’A Portela. Aínda que inicialmente era de tirada quincenal, pasou a ser semanal.
Isto marcou un precedente, facendo que se crearan máis xornais e revistas que só empregaban o galego. Un dos máis destacables foi A Nosa Terra (1916-1936), voceiro durante a maior parte da súa existencia das Irmandades da Fala. Durante a ditadura franquista publicouse de forma esporádica no exilio e en 1977 comezou unha nova etapa en Galicia que rematou no 2011.
En 2013 naceu a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), á que pertencen medios coma Galicia Confidencial, Luzes, Nós Diario, Praza.gal ou Radio Estrada.
Esta asociación promove iniciativas e campañas que promovan o emprego do galego nos medios de comunicación, ademais de conseguir que estes sexan independentes económicamente.
No último censo de medios que fixeron – cando O Xornal da Estrada aínda non existía – contabilizáronse 140 xornais, radios e revistas. Esta cifra vai en aumento, tal e como comentou Pablo García ‘Chichas’, presidente da asociación, nunha reportaxe do Xornal da Estrada.


Deixar un comentario