A ausencia de cobertura é un dos maiores problemas que existen nunha sociedade que depende dela. Na parroquia estradense de Ribela e na súa contorna as diferentes compañías nunca tiveron este servizo alí e, actualmente, a pouca que hai nalgunhas zonas está indo a menos.
Debido a iso, O Xornal da Estrada gravou unha reportaxe na que se entrevista aos veciños sobre este problema para coñecelo de primeira man.
Durante os 20 minutos que dura, abórdase a situación actual, incluída a imposibilidade de chamar ao 112, e as iniciativas levadas a cabo e posibles solucións que se plantexaron. Tamén se mostrará a resposta que recibiron da Valedora do Pobo en relación co escrito que lle enviaron.
Ademais, contaráse con Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, para coñecer a capacidade que ten o Concello para solventar a ausencia de cobertura.



Deixar un comentario