🌐Na procura de solucións
🏞️ Un desprendemento de terra anega parte de Orazo
Foi na recollida de pluviais da AP-53. Víronse afectadas varias fincas e unha vivenda.
🚓 Volve a entrar en prisión por tráfico de drogas… 2 meses despois de saír
Foi interceptado con varias doses de cocaína na súa furgoneta. Tras iso, no seu domicilio atoparon cocaína lista para consumir, amais de 150 gramos da substancia e 9000 euros en billetes de diferente valor. A súa muller quedou en liberdade, aínda que coa obriga de comparecer cada 15 días no xulgado e retiróuselle o pasaporte e non pode saír de territorio nacional.
🚓 Deteñen a un veciño cando estaba vendendo droga
Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade.
🏗️ O Concello contempla a opción da demolición do antigo Centro de Saúde
Así llo confirmou o Ministerio de Inclusión e Seguridade Social ao BNG. O voceiro do partido nacionalista, Xoán Reices, asegura que contemplan esta opción porque “non teñen proxecto”.
🏗️ López Bueno: “Non se van facer co edificio de ningunha maneira”
Asegura que os socialistas son o “único partico con proxecto”.
🎙️ A oposición rexeita a creación do posto de xefe de prensa
Polo seu alto custo e polo seu posible uso propagandístico.
🛣️ O segundo treito da AG-59 comezará a construírse este ano
O primeiro prevése que estea listo a finais de 2025.
💵 As axudas para eventos no rural tramitaránas os alcaldes de barrio
Pola existencia de varias asociacións nunha mesma parroquia.
👴 A Estrada recuperará a Festa do Maior
Celebraráse o 8 de marzo.
🖍️ Pintadas nos portais de Iryda
Posiblemente foron mozos que estaban de festa.
🔥 Incendio nunha casa de Santa Mariña de Barcala
Arde un coche en Pontevea.
💚 4 de febreiro, Día Mundial Contra o Cancro
A Asociación Española Contra o Cancro instalou unha mesa informativa.
🗞️ Día dos Medios en Galego
A conmemoración do 149 aniversario da publicación do primeiro xornal íntegro en galego.
🥸 Presentada a programación dos Xenerais do Ulla
Nun acto en Couso.
☕ O Acrópolis volverá abrir
Servirán tapas e bocadillos.
🍽️ O CEIP Pérez Viondi doa 300kg de comida non perecedeira
Con motivo dunha andaina solidaria.
😩 DEP
Falece o xornalista estradense Damián Barreiro.
🖌️ A avenida de América, máis bela
Ocoonautas pintou un mural.


Deixar un comentario