Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada, pediulle ao Concello que se soliciten os obradoiros de emprego para os sectores forestais e da construcción para realizar melloras no casco urbano e nas aldeas.
Segundo o socialista, teríanse que solicitar tanto a liña xuvenil coma o obradoiro xuvenil “para poder empregar ata 36 alumnos-traballadores e superar o millón de euros de financiamento”. Asegurou que “hai milleiros de actuacións que se poderían facer con esta ferramenta” e que resulta útil para suplir a falta de man de obra existente nas empresas.
Pediulle ao alcalde que “use a capacidade dos alcaldes e alcaldesas de barrio e vaia facendo unha recopilación de pequenas actuacións no rural” para cando teñan o obradoiro poder realizalas. Entre estas actuacións poderíanse incluír canalizacións de pluviais, mantemento xeral de zonas verdes tanto na vila como nas parroquias e obras de mantemento no entorno de escolas unitarias.
Imaxes de portada: Luis López Bueno // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario