O adro da Igrexa de Berres acollerá a celebración do Día de Rosalía o vindeiro domingo 23 nun evento organizado pola Asociación “O Recuncho da Lingua” e ASOCAC (Asociación Comarcal Audiovisual e de Comunicación).
O acto presentaráno Pablo Chichas, representante da ASOCAC, e Pilar Bernárdez, do Recuncho da Lingua e contará coas intervencións de Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, e dos rapaces e rapazas do CEIP do Foxo, estes últimos para recitar uns versos da poeta.
Tamén se repartirá o Caldo de Gloria, cuxa receita quedou inmortalizada no poema “Miña casiña, meu lar” e que será preparado polo restaurante Río Liñares.

Deixar un comentario